mércores, 7 de xaneiro de 2015

'Ter falado'

Existe en galego unha perífrase que indica hábitos, construída con ter + participio, mas a dita estrutura non se usa en todos os tempos, só en presente e pretérito de indicativo:
  • Teño ido con el a esa finca moitos anos (ese hábito aínda pode continuar no tempo)
  • Eles tiñan ido a esa finca moitos anos (ese hábito xa non está en vigor)
Non se debe confundir esta perífrase cos tempos compostos con ter, que en galego se usan co resto de tempos verbais;
  • Se o tivese visto antes, teríao comprado
  • Para teres estado un ano na cadea, tes moi boa fachenda