Acerca do uso


Este blogue de Ciberdúbidas naceu como unha necesidade para ofrecer aos estudantes de lingua galega da UNED un foro aberto de resposta ás dúbidas que xurden constantemente, mais é tamén unha plataforma de difusión da lingua galega nos planos gramatical e lexical. 

Quen tiver dúbidas e quixer envialas, non ten máis que clicar aquí para nolas facer chegar por correo electrónico.

A días de hoxe, este blogue fai parte da Área de Filoloxía Galego-Portuguesa da UNED. O seu xestor é o doutor Xavier Frías Conde, profesor da avandita universidade.

A estrutura de blogue permite que os utentes del poidan acceder ás entradas cronolóxicamente ou ben facer procuras concretas a través de dous sistemas. O primeiro é por medio da máquina de busca que xa ten o blogue, o segundo é por medio das etiquetas, que permiten estruturar todos os contidos do blogue, aínda que non se se especifica se se trata de cuestións ortográficas, lexicais ou gramaticais (en certos casos poden aparecer nunha mesma postaxe dúas xuntas).

É importante facer notar varias cousas desde unha perspectiva didáctica:
  1. Os contidos non están clasificados segundo os niveis do Cadro Europeo de Referencia, dado que as dúbidas poden xurdir en calquera nivel e os estudantes ou utentes poden navegar por entre as dúbidas sen necesidade de se centrar nun só nivel.
  2. O blogue está pensado para ser utilizado tanto como material de estudo canto como material de consulta.
  3. Tentamos que o blogue sirva igual para utentes de galego como L1 canto para estudantes de galego como L2. O feito de estar todos os contidos redixidos en galego non debería ser un problema para aquelas persoas que teñan como primeira lingua calquera outra lingua románica ou, polo menos, bos coñecementos dunha lingua románica.