A normativa galega, após a última modificación de 2003, indica que os signos de interrogación e admiración son só obrigatorios na fin do período escrito:
- Que boa idea tiveches!
- E cando me virei, comía nas patacas como un pequeno monstro!
- Imos esta tarde ao cinema?
- As patacas, compráchelas?
- Tes fame, non si?
Con todo, deixa aberta a porta a seren utilizados tamén no inicio do período libremente, mais nomeadamente cando sexa preciso para marcar, dentro dunha oración, onde comeza a parte interrogativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario