domingo, 8 de febreiro de 2026

Discurso indirecto


Cando se fala de discursos, faise referencia á reprodución do dito por alguén, mais cómpre distinguir entre a mera repetición do que alguén fala, como en:

  1.  A María dixo: teňo moita fame.

a reprodución do que alguén di, mais referidamente:

  1.  A María dixo que tiňa moita fame.

O primeiro exemplo é unha mostra de discurso directo, en canto a segunda éo de discurso indirecto.

Estes dous discursos aparecen nos contextos orais ou escritos, sen necesidade de se tratar de usos literarios, pois na fala normal tamén se utilizan ambos os discursos.

O discurso directo, xa que logo, o narrador ou falante fai unha pausa na súa narración para reproducir fielmente a cita doutra persoa (se callar, un personaxe).

Este tipo de discurso visa transmitir a literalidade do dito, de xeito que o narrador non asume calquera responsabilidade polo dito. Con todo, tamén hai unha cuestión humildade, para non se atribuír algo dito por outra persoa.

Este discurso utiliza os chamados verbos dicendi ou verbos de dicción ou elocución, isto é: dicir, falar, narrar, comentar, perguntar, indagar, responder, retrucar, replicar, indagar, exclamar, etc.

Alén diso, danse determinados signos de puntuación, como o travesón (hifen longo), exclamación, interrogación, dous puntos e aspas. 

Pode ser inserido no medio no texto, non necesariamente nunha liňa isolada.

Eis algúns exemplos

  1.  Os presentes repetiron: «Xuramos lealdade ao noso líder».

  2.  Pedro afirmou: “Eu non fun responsábel”.

  3.  A muller explicou:

­— Ninguén chegou antes das oito.

No discurso indirecto, o narrador ou falante interfire no que outra persoa ou un personaxe di, proferindo, por tanto, palabras alleas, sen seren, logo, as palabras literais pronunciadas.

Por tanto, o discurso é narrado na terceira persoa, con uso de verbos de elocución, mais xa non hai uso dos signos gráficos avanditos (travesón, aspas, etc.). Ademais, inclúe construcións sintácticas subordinadas introducidas co nexo que.

Os exemplos anteriores, serían modificados así:

  1.  Os presentes repetiron que xurarían lealdade ao seu líder.

  2.  Pedro afirmou que el non fora responsábel.

  3.  A muller explicou que ninguén chegara antes das oito.


Existe un terceiro tipo de discurso, chamado discurso indirecto libre, que é unha especie de fusión dos dous anteriores, onde o narrador e os personaxes interveňen conxuntamente.

Non existen marcas que mostren as mudanzas nos discurso, polo que os dous niveis de discurso se poden confundir.

Os procedementos para a mudanza de marcadores deícticos, adverbios e tempos verbais son os seguintes:

Presente

Presente de indicativo


Vou á praia

Copretérito de indicativo


Dixo que ía á praia.

Presente de conxuntivo


Talvez vaia á praia

Copretérito de conxuntivo


Dixo que talvez fose á praia.


Pasado

Pretérito de indicativo


Fun á praia

Copretérito de indicativo


Dixo que fora á praia.

Copretérito de conxuntivo


Talvez fose á praia

Copretérito de conxuntivo


Dixo que talvez fose | tivese ido á praia.


Futuro de indicativo

Futuro de indicativo


Mañá irei á praia

Condicional


Dixo que no outro día iría á praia.

Futuro perifrástico


Na segunda-feira vou viajar.

Copretérito ou Condicional (perifrástico)


Dixo que na segunda-feira ía| iría viaxar


Futuro de conxuntivo

O futuro de conxuntivo, xa foi dito, é unha opción moi formal; o máis común é o uso do presente de conxuntivo no seu lugar

Futuro de conxuntivo


Cando teñas | tiveres vagar, ven.

Copretérito de conxuntivo


Pediulle que, cando tivese vagar, viñese.


A expresión do tempo e do espazo requiren tamén dun espazo á parte.

A táboa de equivalencias é esta:

este, ese, aquel

aquel

aquí, aí, alí

alí

hoxe

naquel día, daquela

onte

no día anterior

mañá

no día seguinte, no outro día

agora

naquel momento, daquela

Exemplos: 

  1.  Esta rapaza non é desta turma > Dixo que aquela rapaza non era daquela turma.

  2.  Por aquí pasa pouca xente > Confirmou que por alí pasaba pouca xente.

  3.  Non o rematamos hoxe > Dixo que non o rematarían naquel día.

  4.  Xa o discutiremos mañá > Decidiu que xa o discutirían no día seguinte.

  5.  Agora non hai aulas > Explicou que daquela non había aulas.

sábado, 7 de febreiro de 2026

Correspondencia temporal en construcións completivas, subordinadas e clivadas

O concepto de correspondencia temporal vén do latín (consecutio temporum) e face referencia á correspondencia entre os tempos de indicativo e de conxuntivo, ben como os de presente, pasado e futuro.

O complexo sistema do latín non se conservou íntegro en galego, mais foise aperfeizoando ao longo do tempo co futuro de conxuntivo (antes ben en portugués que o conserva; porén, moi formal en galego) que daquela non existía en latín.

Nunha oración completiva subordinada estabelécense relacións modais e temporais entre a oración principal, por norma en indicativo, e a(s) oración(s) subordinada(s), por norma en conxuntivo.

As regras básicas por que se rexe a correspondencia temporal son:

O uso do tempo do primeiro verbo rexe o do seguinte:

  1. Se chove, ficamos na casa.

  2. Se chover, ficaremos na casa (moi formal, en galego común tamén se chove).

  3. Se chovese, ficaríamos na casa.


É preciso ter presente ese paralelismo de tempos, como mostrado enriba. Dese xeito, hase evitar construcións como:

  1. *Hai días en que se vendían calzas de segunda man.


En vez diso, o correcto sería:
  1. Había días en que se vendían calzas de segunda man.


Cando se toma como punto de referencia o presente, no futuro úsase
deica para o futuro e hai para o pasado. Se o punto de referencia for o pasado, entón cómpre usar hai:

  1.  El chegará deica dous meses.

  2.  El chegou hai dous meses.

  3.  El chegara había dous meses.


Co copretérito
de conxuntivo na oración condicional, o verbo da oración principal ten que ficar en condicional ou en copretérito de indicativo. 

  1.  Se tiveses fame, deberías comer algo.

  2. Se tiveses fame, debías comer algo.


Se o verbo da condiciona
l estiver en futuro de conxuntivo (algo raro en galego, normalmente é presente de indicativo), na oración principal o tempo ten de ser futuro de indicativo ou imperativo.

  1.  Se quixeres|queres mercar un auto, terás que aforrar.

  2.  Se quixeres|queres mercar un auto, aforra primeiro.


Ten que haber, xa que logo, simultane
idade entre ambas as oracións:

  1.  *É el quen me preocupaba.

  2.  Éra el quen me preocupaba.

  3.  * Era el quen me preocupa.

  4.  É el quen me preocupa.


Nos
períodos clivados, ten que se dar a mesma correspondencia entre os verbos das dúas oracións.

  1. É en Londres onde ela mora.

  2. *Era en Londres onde ela mora.

  3. Era en Londres onde ela moraba

  4. *É en Londres onde ela moraba.


______________________________________________

Estes conteúdos están parcialmente baseados neste sitio


mércores, 4 de febreiro de 2026

De 'en canto'

O galego espaňolizado utiliza incorrectamente en canto co valor do castelán equivalente a así que:

  • *En canto chegue á casa, chámote ten que ser: Así que| Da que chegue á casa, chámote.

Convén evitar ese uso, pois na verdade en canto é sinónimo de mentres:

  • En canto traballaba na Galiza, aprendín galego.
  • Non comas doce en canto segues a dieta.
A forma portuguesa equivalente é enquanto.