Cando se fala de discursos, faise referencia á reprodución do dito por alguén, mais cómpre distinguir entre a mera repetición do que alguén fala, como en:
A María dixo: teňo moita fame.
a reprodución do que alguén di, mais referidamente:
A María dixo que tiňa moita fame.
O primeiro exemplo é unha mostra de discurso directo, en canto a segunda éo de discurso indirecto.
Estes dous discursos aparecen nos contextos orais ou escritos, sen necesidade de se tratar de usos literarios, pois na fala normal tamén se utilizan ambos os discursos.
O discurso directo, xa que logo, o narrador ou falante fai unha pausa na súa narración para reproducir fielmente a cita doutra persoa (se callar, un personaxe).
Este tipo de discurso visa transmitir a literalidade do dito, de xeito que o narrador non asume calquera responsabilidade polo dito. Con todo, tamén hai unha cuestión humildade, para non se atribuír algo dito por outra persoa.
Este discurso utiliza os chamados verbos dicendi ou verbos de dicción ou elocución, isto é: dicir, falar, narrar, comentar, perguntar, indagar, responder, retrucar, replicar, indagar, exclamar, etc.
Alén diso, danse determinados signos de puntuación, como o travesón (hifen longo), exclamación, interrogación, dous puntos e aspas.
Pode ser inserido no medio no texto, non necesariamente nunha liňa isolada.
Eis algúns exemplos
Os presentes repetiron: «Xuramos lealdade ao noso líder».
Pedro afirmou: “Eu non fun responsábel”.
A muller explicou:
— Ninguén chegou antes das oito.
No discurso indirecto, o narrador ou falante interfire no que outra persoa ou un personaxe di, proferindo, por tanto, palabras alleas, sen seren, logo, as palabras literais pronunciadas.
Por tanto, o discurso é narrado na terceira persoa, con uso de verbos de elocución, mais xa non hai uso dos signos gráficos avanditos (travesón, aspas, etc.). Ademais, inclúe construcións sintácticas subordinadas introducidas co nexo que.
Os exemplos anteriores, serían modificados así:
Os presentes repetiron que xurarían lealdade ao seu líder.
Pedro afirmou que el non fora responsábel.
A muller explicou que ninguén chegara antes das oito.
Existe un terceiro tipo de discurso, chamado discurso indirecto libre, que é unha especie de fusión dos dous anteriores, onde o narrador e os personaxes interveňen conxuntamente.
Non existen marcas que mostren as mudanzas nos discurso, polo que os dous niveis de discurso se poden confundir.
Os procedementos para a mudanza de marcadores deícticos, adverbios e tempos verbais son os seguintes:
Presente
Pasado
Futuro de indicativo
Futuro de conxuntivo
O futuro de conxuntivo, xa foi dito, é unha opción moi formal; o máis común é o uso do presente de conxuntivo no seu lugar
A expresión do tempo e do espazo requiren tamén dun espazo á parte.
A táboa de equivalencias é esta:
Exemplos:
Esta rapaza non é desta turma > Dixo que aquela rapaza non era daquela turma.
Por aquí pasa pouca xente > Confirmou que por alí pasaba pouca xente.
Non o rematamos hoxe > Dixo que non o rematarían naquel día.
Xa o discutiremos mañá > Decidiu que xa o discutirían no día seguinte.
Agora non hai aulas > Explicou que daquela non había aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario