As chamadas formas neutras do demostrativo son na realidade formas que só se usan predicativamente.
Mentres o resto das formas admiten tanto un uso atributivo:
- Este rapaz é o meu curmán.
- Dille á aquela nena que pare quieta.
canto predicativo:
- O meu curmán é este.
- Dillo á aquela.
As chamadas formas neutras só o admiten predicativo. Por norma, non teñen referentes na oración, ao contrario do resto das formas. Mesmo así, poden combinarse con outras formas neutras:
- Todo iso é mentira (obsérvese que o equivalente portugués deste exemplo tamén ten unha forma neutra: tudo, de modo que: Tudo isso é mentira)
- Isto teu é de loucos
Ningún comentario:
Publicar un comentario