A expresión galega querer ben a alguén úsase frecuentemente para expresar afecto ou estima por alguén. Úsase cos clíticos de dativo che e lle. Eis algúns exemplos:
- Quéroche ben, xa o sabes
- Ao teu irmán, quérolle ben
Esta forma galega é idéntica á italiana: volere bene a qualcuno. De facto, a tradución dos exemplos anteriores en italiano é idéntica:
- Ti voglio bene, già lo sai
- A tuo fratello voglio bene
Ningún comentario:
Publicar un comentario