O concepto de impersonalidade ou frase impersonal fai referencia a unha construción que carece de suxeito.
Trátase dunha transformación que sofren moitas frases con unha estrutura de inicio SV(O) en que o primeiro elemento, a valencia externa, desaparece por non ser necesaria ou é prescindíbel. Na maioría dos casos é un axente (e eventualmente un experimentador) do punto de vista semántico, polo cal se fala delas tamén como cláusulas inaxentivas.
Non existe un só modo de impersonalización. Estes son os normais.
Tipo 1: Con un suxeito sen valor semántico: consiste en continuar a utilizar un suxeito sintáctico, mais el non ten valor semántico, polo cal é impersoal.
Subtipo 1.1. Uso de ti (moi coloquial):
- E ti chegas e preguntas á xente se viu o gato, e todos din que non.
- Iso é como cando ti non tes traballo e ninguén che abre a porta.
Subtipo 1.2. Uso de un (normalmente en masculino), que ten o mesmo valor do ti de enriba:
- E un chega e pregunta á xente se viu o gato, e todos din que non.
- Iso é como cando un non ten traballo e ninguén che abre a porta.
Subtipo 1.3. Uso do sintagma a xente, que en galego, á diferenza do portugués brasileiro, non se asimilou á 1PP.
- A xente xa nin sabe o que quere.
- A xente non quere facer máis sacrificios económicos.
Tipo 2. Con construcións de voz media impersoal, que poden ser consultadas aquí.
Tipo 3. Con construcións de 3PP onde un hipótetico suxeito eles non é mesmo expresábel:
- PRO* destruíron a maioría dos espazos naturais da bisbarra.
- Dun día para o outro PRO construíron un barrio novo.
- Dou aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
- Un dá| Ti dás aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
- A xente dá aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
- Danse aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
- Dan aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
- pro dan aulas de matemáticas no domicilio, sabemos quen son 'eles'
- PRO dan aulas de matemáticas no domicilio, non sabemos que dá as aulas ou non nos interesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario