Unha das formas máis interesantes do galego é o uso de formas analíticas de posesivo posnominal introducidas coa preposición de e mais o posesivo en masculino singular invariábel. Trátase dunha forma enfática cuxo valor equivale a "propio".
O paradigma é así:
1PS: de meu
2PS: de teu
3PS: de seu
1PP: de noso
2PP: de voso
3PP: de seu
Estas estruturas úsanse tanto atributivas canto predicativas.
- É unha manía de seu (= "é unha manía moi propia del /dela)
- A idea foi de seu (que é moito máis enfática que: a idea foi súa, onde até se pode exprimir a admiración ou a estrañeza do falante pola idea en cuestión)
Non se debe confundir de seu con del/dela. O primeiro, como diciamos, ten un valor marcado do que carece o segundo:
- Esa casa é de seu (a propiedade da casa é exclusiva do posuidor e iso remárcase)
- Esa casa é del(a) (sen valor enfático, substituíbel por: Esa casa é súa)
Ningún comentario:
Publicar un comentario