domingo, 15 de novembro de 2015

Acerca de 'onde'

Onde é un pronome multifuncional que fai sempre referencia a lugar.

Funciona quer como interrogador (pronome interrogativo), quer como relator (pronome relativo).

Cando funciona como interrogador indica localización e dirección, valendo igualmente para interrogativas directas e indirectas. 

Como interrogador úsase e respóndese con verbos como estar ou ficar. No segundo caso, respóndese con calquera verbo de movemento, como ir.

I. O onde de localización non vén precedido de preposicións:

  • Onde vives? 
  • Onde estás? 
  • Onde os viches?
  • Onde deixaron as caixas?

Neste uso, e só coa terceira persoa, pode ser usado u-lo

  • U-la caixa = Onde está caixa?
  • U-los nenos = Onde están os nenos?

II. O onde de movemento admite diversas preposicións, distinguíndose entre:

II.1. Lugar de chegada, en cuxo caso se pode usar onde só, ou ben para onde.
  • Onde vas? = Para onde vas?
  • Para onde tiraron?

É máis común o uso da preposición para que a. Se se utilizar, non se une a onde: a onde.

II.2. Lugar de orixe, coa preposición de.
  1. De onde chegaron estes?
  2. De onde disparan?
II.3. Outra preposición frecuente é por
  • Por onde te metiches?
  • Por onde chegan?

Como relator úsase como equivalente a en que, no cal

Pode ter, por tanto, un antecedente:
  • A casa en que/ onde nacín é moi antiga
  • A rúa en que/ onde celebran a feira está fechada ao tránsito

Ou carecer del, en cuxo caso non é susbtituíbel por en que/ no cal:

  • Onde a xente é máis feliz é no norte
  • Onde viven meus pais neva moitas veces

Con todo, non é infrecuente utilizar un antecedente que ten un valor máis sintáctico do que semántico, que acostuma ser alí:
  • Alí onde viven meus pais neva moitas veces


Ningún comentario: