domingo, 10 de xaneiro de 2016

'Vós' e 'vosoutros/as'

Á diferenza do que acontece con nós~nosoutros, a distinción entre estas dúas formas pronominais non se refire aos conceptos de inclusivo e exclusivo, porque vosoutros non pode ser tomado como a suma de eu + vós, como si é nós.

A diferenza entre vós e vós limítase, xa que logo, a que vosoutros ten un valor máis enfático, semellante de vós mesmos, contrastivo:
  • Eu non sabía nada disto, mais si vosoutros

O VOLG di sobre isto:

Existe unha diferenza de significado entre vosoutros e vós. Mentres o primeiro delimita un grupo concreto, deixando fóra dese grupo todos os que non pertenzan a el, o segundo non marca esa fronteira



Ningún comentario: