luns, 11 de xaneiro de 2016

Topicalización

A topicalización é un procedemento polo cal unha parte da oración é posta en destaque. Neses casos, fálase dunha estrutura marcada (isto é, unha estrutura que non é a máis frecuente).

Obsérvese o seguinte exemplo
  • Non coñezo o Pedro
Se quixermos insistir no obxecto o Pedro, hai varios modos de topicalizalo:
  1. A través dunha elevación prosódica do elemento focalizado: Non coñezo o Pedro (↑)
  2. A través dun movemento á esquerda: O Pedro non o coñezo.
  3. A través da clivaxe: Quen non coñezo é o Pedro
  4. Coa axuda de determinados adverbios que poñen en destaque: Non coñezo mesmo/ sequera/ nin o Pedro.




A topicalizaçom é um procedimento polo qual uma parte da oraçom é posta em destaque. Nesses casos, fala-se duma estrutura marcada (isto é, uma estrutura que nom é a máis freqüente).

Observe-se o seguinte exemplo
  • Nom conheço o Pedro
Se quisermos insistir no objeto o Pedro, há vários modos de topicalizá-lo:
  1. Através duma elevaçom prosódica do elemento focalizado: Nom conheço o Pedro (↑)
  2. Através dun movemento á esquerda: O Pedro non o conheço.
  3. Através da clivagemQuem nom conheço é o Pedro
  4. Com a ajuda de determinados advérbios que ponhem em destaque: Nom conheço mesmo/ sequer/ nem o Pedro.


Ningún comentario: