Até a reforma de 2003, a forma preferida da contracción do artigo masculino coa preposición era ó(s), sendo ao(s) forma aceptábel, mais non recomendábel. Hoxe en día é o contrario, a forma recomendábel é ao(s). A cuestión é que moitas persoas foron educadas en galego coa forma ó(s). Aínda así, é preciso que muden esta tendencia, por moi complicada que lles poida resultar, e se acostumen a utilizar ao(s).
- Imos ao parque.
- Cóntallelo aos teus amigos.
É preciso, ademais, evitar o uso ao(s) nos casos de obxecto directo de persoa xa indicados noutra nota.
- Vin os teus amigos no cinema
- Represento os parceiros da compañía Petrus SL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario