En galego existen
un par de casos de formas amalgamadas de determinante e cuantificador. Son
estas:
- este, ese, aquel + outro > estoutro, esoutro, aqueloutro
- cada + un + seu > cadanseu
Trátase de formas
compostas de demostrativo con cuantificador. En galego van unidas e forman unha
unidade.
Sobre o primeiro caso, o
paradigma completo é como segue:
SG
|
PL
|
|||
M
|
F
|
N
|
M
|
F
|
estoutro
|
estoutra
|
estoutro
|
estoutros
|
estoutras
|
esoutro
|
esoutra
|
esoutro
|
esoutros
|
esoutras
|
aqueloutro
|
aqueloutra
|
aqueloutro
|
aqueloutros
|
aqueloutras
|
O neutro ten un
uso exclusivamente predicativo:
- Estoutro que me contas éche ben interesante
Sobre o segundo
caso, o paradigma é:
SG
|
PL
|
||
M
|
F
|
M
|
F
|
cadanseu
|
cadansúa
|
cadanseus
|
cadansúas
|
Só se usa co
posesivo de terceira persoa, mais podería tamén empregarse a forma non amalgamada:
- Levaron para as ferias cadansúa caravana
Ningún comentario:
Publicar un comentario