Estas dúas
palabras están intimamente ligadas, mais responden a categorías diferentes:
VOGAL
É un substantivo,
con dous significados principais, que se recollen nos dous exemplos a seguir:
- O inglés ten moitas vogais entre longas e curtas, átonas e tónicas.
- O Ricardo é vogal no consello.
VOCAL
É un adxectivo.
- Gusto moito da música vocal
- Sempre ten problemas coas cordas vocais
Porén, vocal
pode ser tamén un substantivo cando significa vocalista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario