mércores, 6 de novembro de 2019

Topicalización

A topicalización é un procedemento sintáctico-pragmático polo cal unha parte da cláusula (moi frecuentemente o obxecto, mais tamén o adxunto) é desprazada para o inicio da frase para que na estrutura Tema+Rema, para que o rema non sexa o obxecto.

Nunha estrutura normal en galego, o máis frecuente é a orde: S V O (suxeito, verbo e obxecto).

Nese caso, a estrutura informativa superposta á sintáctica é:

T
R
S
V
O

Porén, cando o rema non é O, é frecuente topicalizar para que o rema sexa S:

T
R
O
V
S

Á hora de topicalizar, hai un movemento do elemento topicalizado para o inicio da cláusula. 

Cando se trata dun O que é SD (sintagma determinante) é obrigatorio en galego (ben como en moitas outras linguas románicas) a presenza do clítico correspondente:
  • Os ovos compreinos < Comprei os ovos.
  • Os ovos, compráchelos? < Compraches os ovos?

A topicalización produce dous tipos de estruturas que quebran a orde habitual SVO para a converter en OSV ou ben OVS.

A topicalización require, daquela, un movemento do OBJ (obxecto) para a posición inicial TOP (tópico). En galego, como na inmensa maioría das linguas románicas, este movemento envolve, ademais, un pleonasmo coa presenza do clítico, que se torna mandatario.

O pleonasmo prodúcese cando o obxecto topicalizado é un SD en galego. Así, unha estrutura non marcada SVO:

Pódese converter en OSV, co PRED estendido en IMP(letivo)


Ora ben, a estrutura OVS envolve tamén o movemento do PRED para unha posición superior:



En galego, porén, non hai pleonasmo cando o OBJ é simplemente un SN e non un SD:


En troques, en catalán (ben como italiano ou francés) si existe un clítico (en) para este tipo de construcións:


Ademais, acontece que cando se trata dun sintagma cuantificador (SQ), é capaz mover só a parte nominal do OBJ para a posición do tópico:


Ningún comentario: