Dentro das perífrases galegas, estar para + VINF ou estar a piques de + VINF son as normais para expresaren algo que ten ou terá lugar na veciñanza do momento da fala ou do momento de referencia.
Equivalen ao español estar a punto de; en portugués úsase máis ben estar para, o mesmo que en italiano: stare per.
Equivalen ao español estar a punto de; en portugués úsase máis ben estar para, o mesmo que en italiano: stare per.
- O depósito de auga, por mor da chuvia, estaba para / a piques de rebentar.
- Despois de ouvir tanta estupidez xunta, o Pedro estaba a piques de / para perder o control.
- Xa estamos para/ a piques de atravesar a fronteira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario