mércores, 15 de setembro de 2010

A ausencia de contracción entre preposición e artigo indefinido (1)

Xa foron analizados os casos en que o galego existe contracción entre a preposición e o artigo. Trátase de dous casos abondo diferentes.

O primeiro caso para analizarmos é o encontro da preposición co pronome no canto do artigo numeral. É artigo cando vai seguido dun nome:
  • Heiche falar dun novo proxecto interesante
  • Cunha pílula abóndame.

Ora ben, cando se trata dun pronome, isto é, que o nome non aparece, daquela a contracción non é posíbel. Os exemplos anteriores ficarían reescritos así:
  • Heiche falar de un novo, moi interesante.
  • Con unha abóndame.

Ningún comentario: