Este segundo tipo de condicionais introducen o factor hipótese, como xa se viu. Do punto de vista gramatical, estas cláusulas son máis complexas porque a oración principal admite, ademais dos tempos de pasado propios da hipótese, tamén os de presente. Obsérvense estes dous exemplos:
- Se non aprobas o exame, eu axúdoche coa recuperación
- Se non aprobases o exame, eu axúdoche coa recuperación
- Se non aprobases o exame, eu axudaríache coa recuperación
A diferenza entre as tres oracións xace, precisamente, no grao de probabilidade de aconteza o aprobado dunha banda e da "disposición" para axudar. Con todo, o tempo por antonomasia da cláusula condicional hipotética é o pretérito de conxuntivo (véxase sobre isto as aclaracións arredor do seu uso).
En portugués úsase como nexo nestas oracións condicionais hipotéticas caso co pretérito de conxuntivo, o cal tamén pode ser utilizado en galego:
- Díxenlle que me consultase, caso non entendese o texto.
- Se tes/tiveres dúbidas, heicho explicar eu.
- Se tiveses dúbidas, explicaríacho eu.
___________________________________________________________________
C. CONDICIONAL C. PRINCIPAL __ _
se imperfecto conxuntivo imperativo
presente indicativo
condicional
___________________________________________________________________
a menos que imp. conx. presente indicativo
inf. conxugado condicional
___________________________________________________________________
caso imp. conx. imperativo
presente indicativo
condicional
___________________________________________________________________ Eis algúns exemplos:
- Se falases moitos idiomas, poderías aproveitalo.
- A menos que estiveses bébedo, non entendo ese teu comportamento.
- Caso o elevador non funcionase, utilicen as escaleiras
Ningún comentario:
Publicar un comentario