sábado, 30 de xaneiro de 2010

Contraccións

En galego existen ducias de contraccións entre preposicións e outros elementos tales que artigos, demostrativos, etc., aínda que non son as únicas opcións.

Estas son as posibilidades de contraccións ortográficas:

A
  1. o:  ao, á, aos, ás
CON
  1. o: co, coa, cos, coas
  2. un: cun, cunha, cuns, cunhas
DE
  1. o: do, da, dos, das
  2. un: dun, dunha, duns, dunhas
  3. algún: dalgún, dalgunha, dalgúns, dalgunhas
  4. este: deste, desta, disto, destes, destas
  5. ese: dese, desa, diso, deses, desas
  6. aquel: daquel, daquela, daquilo, daqueles, daquelas
  7. outro: doutro, doutra, doutros, doutras
EN
  1. o: no, na, nos, nas
  2. un: nun, nunha, nuns, nunhas
  3. algún: nalgún, nalgunha, nalgúns, nalgunhas
  4. este: neste, nesta, nisto, nestes, nestas
  5. ese: nese, nesa, niso, neses, nesas
  6. aquel: naquel, naquela, naquilo, naqueles, naquelas
  7. outro: noutro, noutra, noutros, noutras
POR
  1. o: polo, pola, polos, polas
Tamén é posíbel achar:

CADA
  •  cadanseu, candansúa, cadanseus, cadansúas (formados a partir de cada un seu/súa)
ESTE
  • estoutro, estoutra, estoutros, estoutras
ESE
  • esoutro, esoutra, esoutros, esoutras
AQUEL
  • aqueloutro, aqueloutra, aqueloutros, aqueloutras

NOTA: É moi importante salientar que non hai contracción con un/unha cando se tratan de pronomes e, por tanto, aparecen sós:
  • Faleiche de un que non ten vergoña
  • Ven con unha que coñezamos todos.

Ningún comentario: