xoves, 5 de novembro de 2020

Conectores

 Os conectores son elementos que permiten relacionar parágrafos entre si e teñen distintos valores semánticos.

Eis os principais:

1. Comparativos: céntranse nalgún xénero de semellanza:

Do mesmo modo|xeito, da mesma maneira; igualmente; analogamente; paralelamente; ao mesmo tempo; asemade; tamén.

2. Aditivos: adicionan novos conceptos ou ideas.

E; ademais; tamén; alén d(iso); aínda máis; por riba; por máis; inclusive; até.

3. Opositivas: ideas contrastadas

A pesar de (todo); aínda así; mesmo así; aínda así; ora ben; de calquera maneira|forma|xeito; mais; pero; porén; todavía (en portugués); non obstante; en certo modo; por outro lado; doutra banda; se ben; até (un) certo punto; outramente; pola contra; á diferenza de.

4. Causativos-consecutivos: expresión de causa ou consecuencia.

Entón; daquela; en consecuencia; consecuentemente; xa que logo; por tanto; por iso; por ese motivo; por esa razón; por tanto; daquela; porque; pois (que).

5. Reiterativos, explecativos ou enfáticos:

Certamente*; vale a pena subliñar; convén incidir|insistir; convén|cómpre non esquecer; convén| cómpre ter presente; convén|cómpre salientar; sobre todo; principalmente; especialmente; convén|cómpre asinalar; 

6. Exemplificadores: para ilustrar ideas ou conceptos expresados anteriormente.

Por exemplo; así; proba diso; noutras palabras; dito doutro xeito|doutra maneira; 

7. Iniciais:

Para comezar(mos); en primeiro lugar; primeiro; inicialmente.

8. Disgresional:

A propósito**; convén|cómpre distinguir.

9. Temporais:

Despois; logo; a seguir; tal e como xa foi dito; como xa se indicou.

10. Feche do discurso

Por último; en definitiva; en suma; finalmente; en resumo; para concluír(mos); 

______________________________________________________ 

* Nesta sección é incorrecto *por suposto, que é castelanismo

**Nesta sección non entra *por certo, que é castelanismo.