Amosando publicacións coa etiqueta comparación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comparación. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de decembro de 2021

Comparación

A comparación é un fenómeno flexivo que se dá en todas as linguas.

Afecta principalmente aos adxectivos e adverbios por un lado, e aos nomes por outro, con diferenzas canto ao seu uso.

A comparación no xeral representa tres graos: superior, inferior e igual. 

(a) A COMPARACIÓN DE ADXECTIVOS E ADVERBIOS (A):

Realízase principalmente con verbos estáticos (ser, estar, ficar, quedar, resultar)

* A comparación de superioridade  (>)

máis + A + que/ca

* A comparación de inferioridade (<)

menos + A + que/ca

* A comparación de igualdade (=)

tan + A + como/coma

Exemplos:

  • Xúpiter fica máis lonxe que a Terra do Sol.
  • Xúpiter fica menos lonxe que Saturno do Sol.
  • A Lúa fica tan lonxe como a Terra do Sol.
O segundo elemento da comparación pode ser introducido indistintamente por que|ca ou como|coma. Porén, cando se trata de pronomes persoais, é obrigatorio no galego padrón utilizar as segundas formas e, ademais, en oblicuo:
  • Andrea é maior ca min (dialectal; que eu)
  • Eu son máis sensíbel ca ti.

Algúns adxectivos e adverbios coñecen unha forma sintética, que pode, ou non, cohabitar coa analítica:

BO, BOA | BEN > mellor

  • Os meus profesores foron mellores que os teus.
MAO, MÁ | MAL > peor
  • Os meus profesores foron peores que os teus.
VELLO,-A > maior
  • Carla é maior| máis vella ca nós
GRANDE > maior
  • A Terra é meirande | máis grande que a Lúa.
NOVO,-A, PEQUENO,-A
  • Miña irmá é menor | máis pequena ca min

(b) A COMPARACIÓN DOS NOMES (N)

Realízase principalmente con verbos non estáticos (ser, estar, ficar, quedar, resultar)

* A comparación de superioridade  (>)

máis + N + que/ca

* A comparación de inferioridade (<)

menos + N + que/ca

* A comparación de igualdade (=)

tanto + N + como/coma

Exemplos:

  • Eu teño máis experiencia ca vós.
  • Eu teño menos experiencia ca vós.
  • Eu teño tanta experiencia como o resto da xente.

Formas sintéticas e analíticas

En galego, como en todas as linguas románicas, determinados monemas poden ser expresados dun xeito analítico ou sintético.

Un monema sintético é aquel resulta unha forma única, por exemplo, a forma verbal cantara en galego é sintética, mentres que a súa equivalente castelá había cantado é un monema analítico, pois utiliza máis dun elemento.

O galego utiliza formas sintéticas de preferencia, á diferenza doutras linguas románicas, mais non é sempre así. Eis algúns casos en que en determinadas categorías hai unha forma sintética e outra analítica, aínda que non sempre teñan un uso idéntico:

  1. Futuro de indicativo: falarei ~ vou falar
  2. Condicional: falaría ~ ía falar
  3. Posesivo: unha miña manía ~ unha manía de meu.
En galego, da súa evolución do latín, conserva algunhas formas analíticas no comparativo, que nalgúns casos alterna coa súa equivalente sintética:
  • O romance de Laura é mellor que o de Linda, onde mellor = máis bo.
  • A xornada foi moito peor do previsto, onde peor = máis má, máis ruín.
  • A nosa casa é meirande | máis grande que as restantes da vila.
  • Xoana é maior | máis vella ca Carme.
  • Lois é menor | máis novo ca Artur.

Hai formas verbais que son sempre analíticas, entre elas as perífrases, mais tamén as formas de estar a + PARTICIPIO:

  • Continúo a procurar o libro de receitas.
  • Non dan aprendido a táboa de verbos. 
  • Creo que xa tes lido ese libro moitas veces.
  • Estoulle a preguntar polo que fixo onte.