xoves, 14 de decembro de 2023

Orde SVO

A ORDE S.V.O

Os elementos a que fai referencia esta epígrafe son:

  • S: suxeito
  • V: verbo
  • O: obxecto

En galego a orde S.O.V é a non marcada, isto é, a que aparece por defecto. En galego, que nisto é mais próximo do castelán, é posíbel utilizar a preposição a em casos em que o portuguès non utiliza (como se pode ver no seguinte cadro):

AXENTE 

PROCESO 

PACIENTE 

SUXEITO 

PREDICADO 

OBXECTO 

PT  João 

cumprimentou 

Maria 

PT  Maria 

cumprimentou 

João 

GL  Xoán 

saudou 

a Maria 

GL  María 

saudou 

a Xoán 

 

ORDES MARCADAS

Porén, podemos encontrar ordes marcadas de diversa índole. Por un lado, dáse a orde OSV com topicalização que rege pleonasmo

    • O libro eu compreino o libro 

Pode inclusive acontecer que se topicalice unha parte do obxecto (desde que houber un cuantificador, Q), en cuxo caso é unha estrutura: O1SVO2 

    • Pan pro teño moito pan 

Tamén se pode encontrar a orde SOV con valor enfático: 

    •  Eu ese libro xa o comprei ese libro 

A orde S.V.O é tamén marcada en galego con topicalización e colocación inicial do suxeito: 

    •  O Pedro a carne Pedro cómea a carne

É tamén común que O sexa inicial en frases interrogativas, que en románico producen OVS. 

    • A quem visitaron pro visitaron quen?  

Grazas à non-expresión do suxeito, é moi frecuente o aparecemento de OV, en que o suxeito é marcado como pro e pode ocupar todas as posicións indicadas abaixo: 

    • pro O café tomamo-lo  
    • O café pro tomamo-lo  
    • O café tomamo-lo pro 

En todos os casos anteriores, hai un clítico o que aparece sempre que hai unha topicalización (pleonasmo). Con todo, a orde OVS é duplamente marcada, unha vez que S é un suxeito focal. Para entender o que significa focalizado, é preciso utilizar a teoría do tema & rema xa presentada. 


TOPICALIZACIÓN


A topicalização é muito comum em galego e parte dunha orde non marcada S.V.O 

    •  María coñece a Xoán 

Teoricamente, pode ser convertido en O.S.V con topicalización, mais ten de ir acompañada mandatorimente de pleonasmo): 

    • A Xoán María coñéceo a Xoán 

FOCALIZACIÓN

A focalización do obxecto en románico ten máis algún recurso.  Así, partimos dumha cláusula non marcada: 

    • Comprei ese libro. 

que se torna: 

    • Comprei ese libro. 

E o obxecto enfatizado pode ir en primeiro lugar: 

    •  ese libro compreino ese libro. 

A focalización permite as estruturas O.V.S, onde o suxeito é frecuentemente enfático, mais non sempre. Véxase estes dous exemplos, onde o primeiro non é enfático e o segundo si é:

    • Ese diñeiro gañouno Raquel gañou ese diñeiro
    • Ese diñeiro Raquel gañouno ese diñeiro  Raquel


martes, 12 de decembro de 2023

Impersonalidade

O concepto de impersonalidade ou frase impersonal fai referencia a unha construción que carece de suxeito.

Trátase dunha transformación que sofren moitas frases con unha estrutura de inicio SV(O) en que o primeiro elemento, a valencia externa, desaparece por non ser necesaria ou é prescindíbel. Na maioría dos casos é un axente (e eventualmente un experimentador) do punto de vista semántico, polo cal se fala delas tamén como cláusulas inaxentivas.

Non existe un só modo de impersonalización. Estes son os normais.

Tipo 1: Con un suxeito sen valor semántico: consiste en continuar a utilizar un suxeito sintáctico, mais el non ten valor semántico, polo cal é impersoal.

Subtipo 1.1. Uso de ti (moi coloquial):

  • E ti chegas e preguntas á xente se viu o gato, e todos din que non.
  • Iso é como cando ti non tes traballo e ninguén che abre a porta.

Subtipo 1.2. Uso de un (normalmente en masculino), que ten o mesmo valor do ti de enriba:

  • E un chega e pregunta á xente se viu o gato, e todos din que non.
  • Iso é como cando un non ten traballo e ninguén che abre a porta.

Subtipo 1.3. Uso do sintagma a xente, que en galego, á diferenza do portugués brasileiro, non se asimilou á 1PP.

  • A xente xa nin sabe o que quere.
  • A xente non quere facer máis sacrificios económicos.

Tipo 2. Con construcións de voz media impersoal, que poden ser consultadas aquí.

Tipo 3. Con construcións de 3PP onde un hipótetico suxeito eles non é mesmo expresábel:

  • PRO* destruíron a maioría dos espazos naturais da bisbarra.
  • Dun día para o outro PRO construíron un barrio novo.
As tres fórmulas non son utilizadas da mesma maneira. Teñen moita relación coa proximidade ou afastamento do falante a respecto do enunciado. 

Poderiamos representar a relación entre o falante e os enunciados co seguinte gráfico, onde se mostra como o falante fica no fondo e contra máis afastada é a construción, menor é a identificación co enunciado da parte do falante:



Atendendo para o expresado antes, o grao de implicación do falante co enunciado sería, de maior a menor:
  1. Dou aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
  2. Un dá| Ti dás aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
  3. A xente dá aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
  4. Danse aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
  5. Dan aulas de matemáticas no domicilio a bo prezo.
_____________________________________
* O funtor PRO non pode ser expresado como eles porque a cláusulas tería un significado distinto; o eles ou elas teñen referente, que normalmente é expresado como pro (minúsculo), mentres que PRO (maiúsculo) non o ten referente ou non é expresado. Obsérvese a diferenza entre:
  • pro dan aulas de matemáticas no domicilio, sabemos quen son 'eles'
  • PRO dan aulas de matemáticas no domicilio, non sabemos que dá as aulas ou non nos interesa.