O uso destas dúas formas verbais causa problemas aos falantes de castelán por teren un uso diferente entre Galego e Castelán.
FAI
3PS do verbo facer, úsase só como forma verbal plena.
- Fai cousas incomprensíbeis.
VAI
3PS do verbo ir, ten un uso específico en Galego que non ten en Castelán. Expresa o tempo atmosférico, para o cal en Castelán se usa hace:
- Vai unha calor asfixiante (e non: *fai unha calor...)
- Vai unha friaxe insoportábel este inverno (e non: *fai unha friaxe...)
HAI
3PS do verbo haber no uso impersoal. En Galego emprégase ademais para expresións de tempo transcorrido, alí onde o castelán usaría hace.
- Hai dúas horas que estou á súa espera (e non: *fai dúas horas...)
- Morreu xa hai un ano. Hoxe é o cabodano (e non: *... xa fai un ano.)