Os conectores son elementos que permiten relacionar parágrafos entre si e teñen distintos valores semánticos.
Eis os principais:
1. Comparativos: céntranse nalgún xénero de semellanza:
Do mesmo modo|xeito, da mesma maneira; igualmente; analogamente; paralelamente; ao mesmo tempo; asemade; tamén.
2. Aditivos: adicionan novos conceptos ou ideas.
E; ademais; tamén; alén d(iso); aínda máis; por riba; por máis; inclusive; até.
3. Opositivas: ideas contrastadas
A pesar de (todo); aínda así; mesmo así; aínda así; ora ben; de calquera maneira|forma|xeito; mais; pero; porén; todavía (en portugués); non obstante; en certo modo; por outro lado; doutra banda; se ben; até (un) certo punto; outramente; pola contra; á diferenza de.
4. Causativos-consecutivos: expresión de causa ou consecuencia.
Entón; daquela; en consecuencia; consecuentemente; xa que logo; por tanto; por iso; por ese motivo; por esa razón; por tanto; daquela; porque; pois (que).
5. Reiterativos, explecativos ou enfáticos:
Certamente*; vale a pena subliñar; convén incidir|insistir; convén|cómpre non esquecer; convén| cómpre ter presente; convén|cómpre salientar; sobre todo; principalmente; especialmente; convén|cómpre asinalar;
6. Exemplificadores: para ilustrar ideas ou conceptos expresados anteriormente.
Por exemplo; así; proba diso; noutras palabras; dito doutro xeito|doutra maneira;
7. Iniciais:
Para comezar(mos); en primeiro lugar; primeiro; inicialmente.
8. Disgresional:
A propósito**; convén|cómpre distinguir.
9. Temporais:
Despois; logo; a seguir; tal e como xa foi dito; como xa se indicou.
10. Feche do discurso:
Por último; en definitiva; en suma; finalmente; en resumo; para concluír(mos);
______________________________________________________
* Nesta sección é incorrecto *por suposto, que é castelanismo
**Nesta sección non entra *por certo, que é castelanismo.