En galego-portugués é moi frecuente responder a unha pregunta afirmativamente co mesmo verbo con que se preguntou:
- A: Queres pan? B: Quero.
- A: Comprastes os filmes? B: Compramos.
Naturalmente, en todos os casos anteriores pódese responder tamén con si, co mesmo valor.
Cando hai un verbo modal, este é o que se emprega para a resposta:
- A: Podes comer pan? B: Podo.
- A: Vas levar os nenos de fin de semana? B: Vou.
- A: Tes que estudar mañá? B: Teño.