Un interfixo ou infixo é un elemento que se coloca:
- entre o lexema e o morfema desinencia por un lado,
 - ou entre o radical e o sufixo, por outro.
 
Ten basicamente un valor fónico, de apoio, mais do punto de vista morfolóxico non fornece nada.
No primeiro caso, cando se trata do elemento que se coloca entre o lexema e a desinencia, o máis frecuente é -c- (co valor de /θ/) para a formación do diminutivo:
- pai > paiciño
 - nai > naiciña
 - pan > panciño
 - café > cafeciño
 
Como se aprecia nos casos anteriores, o interfixo é usado para facilitar a pronuncia en casos en que o lexema remata en nasal, ditongo ou vogal tónica.
No segundo caso, os interfixos van entre o radical e os morfemas en casos de derivación:
- comer > comichón
 - durmir > durmichón
 - saber > sabichón
 - café > cafeteira
 - té > teteira
 - coco > cocoteiro
 - pan > panadeiro
 - sal > salgado