Estes dous verbos poden ser confundidos en Galego, porque xeralmente son traducíbeis en Castelán como echar.
BOTAR
Pode ter como sinónimos guindar, tirar, aventar, normalmente a pouca distancia.
- Non sexas porco. Bota os papeis á papeleira
Tamén se usa en expresións feitas:
- Botar gasolina
- Botar contas
- Botar unha película
Non se debe traducir con botar certas expresións que en Castelán levan echar:
- echar(se) a + INF: comezar a / empezar a
- echar una mano: na lingua falada úsase botar unha man, que é un calco do Castelán (non o podemos, porén considerar incorrecto), mais é preferíbel dar unha man.
- echar de menos: tamén neste caso se usa na lingua falada botar de menos, que é igualmente calco do castelán. É recomendábel usar ter saudades de, ter señardade(s) de, faltar.
Doutra banda, o verbo botar tamén se refire ao feito de bater unha pelota contra o chan e provocar que salte para arriba, en cuxo caso o verbo castelán equivalente é o mesmo.
Un último uso do verbo botar en Galego, exclusivo de seu, é como sinónimo de demorar.
- Botamos dúas horas para chegar á aldea.
DEITAR
Normalmente é pronominal: deitarse. No Galego moderno úsase para expresar a acción de se colocar en posición horizontal, normalmente para descansar, por iso equivale ao Castelán echarse.
- Deítate un chisco e descansa, que vés moi cansa da viaxe.
En Galego antigo, porén, podía equivaler a botar, como aínda acontece en Portugués.
1 comentario:
Respeito á expressom "botar de menos", eu registrei na fala da minha família, umha avoa concretamente, a expressom "topar em falta", que entronca co antigo galego "achar menos", donde a expressom em castelao.
Publicar un comentario