Estas palabras adoitan causar abondos problemas en Galego, nomeadamente a primeira e a terceira, polas interferencias co castelán.
SE:
(a) Clítico (usos diversos)
- Traballase pouco aquí, eh?
- Non se lembra diso?
(b) Conxunción (completiva e condicional)
- Non sei se saberán chegar sós.
- Se non me dis nada, marcho.
SÉ:
(a) sinónimo de catedral.
- Estaban a facer obras de restauración na sé
(b) imperativo do verbo ser 2PS:
- Sé boa persoa, queres?
SI:
(a) Pronome persoal oblicuo reflexivo:
- Só o pensou para si.
(b) Adverbio de afirmación
- Si, coñezo esa persoa.
Agora convén ver as equivalencias dos elementos anteriores co castelán e co portugués:
Ningún comentario:
Publicar un comentario