Estes dous verbos tenden a ser empregados case igual en galego pola influencia do español, mas teñen valores diferentes.
Seguir úsase para se referir aos pasos, ao rastro, en definitiva, ir por tras de algo ou alguén.
- Seguimos as súas pegadas por toda a cidade
- Sigo a súa carreira cinematográfica con ben de interese.
Continuar indica a non a interrupción de algo, a continuación. Moitas veces é substituíbel por proseguir.
- Continuou a correr despois de recibir un golpe na cabeza durante a carreira.
- Continuaremos coas aulas despois da pausa.
A perífrase *seguir a non é correcta en galego, está influída polo español; a única forma correcta é continuar a:
- Se continuades a falar así, vanvos botar da sala.
- Co teu permiso, continúo a ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario