Úsanse en galego, mesmo na norma oficial, unha serie de nexos que ligan frases ou períodos que están directamente tomados do castelán e que son de todo incorrectos en galego. Estes son os máis comúns, xunto coas formas enxebres que se poden usar en galego:
- *Desde logo: certamente, de certo, sen dúbida
- *En canto: así que, da que
- *En canto a: canto a, a respecto de
- *Por suposto: serve o dito para desde logo máis acima, tamén claro.
Eis algúns exemplos construídos con eles:
- Este rapaz sabe, de certo/ certamente/ sen dúbida, de que está a falar.
- Así que/ da que chegues, chámame.
- Canto ás verbas para este ano, houbo un corte no orzamento ben importante.
- Claro/ certamente, non haberá máis discusións sobre ese asunto
Cómpre ter presente que encanto é tamén un adverbio (portugués enquanto) idéntico a mentres:
- Ficaron calados mentres/ encanto estiveron aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario