Onda é unha preposición de lugar. Na entrada correspondente do VOLG dise:
Equivale tamén a ao carón de, cabo (de). Sendo unha preposición, vai seguida do caso oblicuo cando se usa seguida dun pronome:
Fun onda el e atopeino chorando. SINÓNIMOS xunta, xunto a |
- Podes hospedarte onda min, se queres.
- O Fernando anda onda o Loís
- Espero por ti onda o Carlos
Ningún comentario:
Publicar un comentario