Por influencia do español, úsase cambiar como verbo de significado xeral, cando na realidade se trata dun verbo cun significado restrito. No inicio, cambiar refírese só a operacións financeiras (cambio de moeda, por exemplo), tamén a mudar de cor.
- Boa tarde, podo aquí cambiar euros por dólares?
- Xa mudou de idea outra vez
- Mudáronme o posto para outra cidade
- Andan a mudar os responsábeis polas obras públicas
- Á miña rúa mudáronlle o nome
Ningún comentario:
Publicar un comentario