As cláusulas relativas en galego son formadas como no resto de linguas románicas.
Consiste na inserción dunha cláusula dentro doutra por medio dun relator.
Exemplo:
- Xoán tivo un fillo. O fillo de Xoán é louro
Nas dúas cláusulas, o elemento común é fillo. A cláusula relativa fai referencia a el grazas a un relator:
- Xoán tivo un fillo que é louro
Desta maneira, que ten como referente fillo.
Mais nin sempre existe un referente, ou este é fóra, ou até é extralingüístico:
- Quen non traballa non gaña cartos
- O que dis non fai sentido ningún
As cláusulas relativas sen referente poden cumprir todas as funcións sintácticas:
1. Suxeito
- [Quen gañou o campionato] venceu limpamente
- Botaron ao lixo todo [o que sobrou]
- Referíame [ao que me aconteceu]
- O can ladraba [aos que pasaban preto da casa]
- Esta xente é moi probre, ergueu a casa [onde puido].
Os relatores son de natureza pronominal e, por súa vez, á diferenza dos complementadores, teñen unha función sintáctica a respecto do verbo da cláusula dependente.
Obsérvese:
- Complementador: Espero que desfrutes moito || dixo que estaba doente
- Relator: Estrangallou un aparello que custaba moito diñeiro
1. Suxeito
- O rapaz que mercou a casa chámase Pedro
2. Obxecto directo
- A casa que mercamos saíu moi barata
3. Obxecto indirecto
- A muller a quen deron á má noticia é a miña veciña
4. Obxecto oblicuo
- O billete [con que pro pagaches
cun billete] era falso
5. Adxunto
- A casa [onde PRO rodaron o filme
nunha casa] era toda dixital
Para o uso de onde, véxase aquí.
Doutra parte, as cláusulas relativas, segundo criterios semánticos, son de dous tipos: especificativas e explicativas.
Obsérvese a diferenza entre estes dous exemplos e tamén os signos de puntuación (vírgulas):
- Os rapaces que están doentes non poden acudir hoxe á escola >> reférese só aos rapaces donetes, non a todos.
- Os rapaces, que están doentes, non poden acudir hoxe á escola >> non especifica, só esclarece.
- Os rapaces que están doentes non poden acudir hoxe á escola >> o falante sabe que hai rapaces doentes.
- Os rapaces que estean | estiveren doentes non poden acudir hoxe á escola >> o falante sospeita que hai rapaces doentes, mais non ten certeza absoluta. A forma en futuro de conxuntivo é só propia dun galego moi formal, non se dá no galego común, que prefire a forma con presente de conxuntivo.
- Os rapaces a quen deches as boas vindas veñen de moi lonxe?
- A casa en que vivo e non *A casa na que vivo.
- As persoas de que che estou a falar e non *As persoas das que che estou a falar.
- A estrada por que viaxamos e non *A estrada pola que viaxamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario