luns, 11 de xaneiro de 2016

Focalización

A focalización é un procedemento polo cal unha parte da oración é posta en destaque, de modo que responde na maioría dos casos á estrutura X e non Y. Neses casos, fálase dunha estrutura marcada (isto é, unha estrutura que non é a máis frecuente).

Obsérvese o seguinte exemplo
  • Non coñezo o Pedro
Se quixermos insistir no obxecto o Pedro, hai varios modos de topicalizalo:
  1. A través dunha elevación prosódica do elemento focalizado: Non coñezo o Pedro (↑)
  2. A través dun movemento á esquerda, semellante coa topicalización: O Pedro (↑) non coñezo.
  3. A través da clivaxe: Quen non coñezo é o Pedro
  4. Coa axuda de determinados adverbios que poñen en destaque: Non coñezo mesmo/ sequera/ nin o Pedro.




Ningún comentario: