O galego fai unha distinción que non fan nin o portugués nin o español. Trátase de diferenciar entre o singular e o plural co clítico de obxecto directo.
Así, en singular:
- Non dei os resultados ao paciente > Non llos dei (pt.: não lhos dei).
E en plural:
- Non dei os resultados aos pacientes > Non llelos dei (pt.: não lhos dei).
Trátase dunha cuestión sintáctica exclusiva do galego que non sempre se respecta na lingua escrita, mais que convén manter en todos os casos. Dialectalmente, a forma de singular úsase tamén para o plural, como acontece en portugués.
Ningún comentario:
Publicar un comentario