Tras a reforma normativa de 2003, introducíronse algunhas mudanzas que afectan a determinadas palabras que antes se escribían con —cio/a e que desde entón se escriben con —zo/a. Non imos dar unha lista exhaustiva, mais eis as principais:
- licenza
- servizo
- espazo
- estanza
- presenza (mais o verbo é presenciar)
- graza(s)
- diferenza (mais o verbo é diferenciar)
- prezo
Aínda que non pertence a este grupo, a forma correcta é estudar, cos seus derivados estudante, estudo, mais existe estudio (=cuarto de traballo) diferente de estudo (=acción de estudar), ben como estudoso (=que estuda moito) distinto de estudioso (=especialista).
Ningún comentario:
Publicar un comentario