Unha frase ou período está composta por unha ou máis oracións.
Unha oración é unha estrutura lingüística que ten como mínimo un predicado.
Os predicados poden ter forma conxugada (finita) ou non conxugada (infinita):
- [O Xoán estuda enxeñaría] → finita
- [ Estudando enxeñaría] → non finita
Un período simple cunha soa oración ten sempre un verbo finito, mais un período con máis dunha oración terá obrigatoriamente unha oración finita, mentres que a(s) outra(s) poden ser finitas ou non finitas:
- [ A xente espera que [a situación mellore]]
- [ A xente espera [ter máis diñeiro no futuro]]
Para os efectos de contabilizar como oración simple ou complexa, un predicado pode ter unha estrutura complexa de auxiliares que non contan como verbos independentes. Todos os verbos auxiliares unidos ao verbo lexemático forman un cúmulo verbal:
- Os cidadáns[estaban a ser ignorados] polos seus representantes > cláusula simple
- Os cidadáns [estaban a querer [ter voz nas súas decisións]] > cláusula complexa.
Caso haxa dous predicados, pode tratarse dun período complexo ou composto.
O período composta é aquel en que as dúas oracións están ligadas mas manteñen a súa independencia:
- [A lúa está chea esta noite], [mas infelizmente ha moitas nubes].
- [Os rapaces concordaron en rematar a festa en paz][e os veciños acougaron]]
O período complexa, polo contrario, ten unha oración principal e outra dependente. A oración dependente pode ligarse á principal de dúas maneiras: como inserida ou como anexa.
Un exemplo de oración inserida son as chamadas oracións completivas, que teñen as máis das veces un verbo finito en conxuntivo ou ben un tempo non finito (xeralmente o infinitivo):
- O xornalista quería [que a noticia saíse na primeira páxina]
- O xornalista quería [publicar a noticia na primeira páxina]
Un exemplo de oración inserida son as dependentes que poden ter a posibilidade de movemento diante ou detrás da principal (non sempre é así, porén):
- [[Se tes fame][vai directamente ao frigo]] ↔ [[Vai directamente ao frigo] [se tes fame]]
Ningún comentario:
Publicar un comentario