É moi importante ter en conta estes dous usos
de determinadas palabras, pois ás veces poden mudar a súa forma ou a súa
tonicidade segundo sexan dun tipo ou do outro.
Porén, cando vai só, sen a compaña do nome, o adxectivo é predicativo:
Non só acontece cos adxectivos. Outros elementos poden funcionar tamén atributiva ou predicativamente. Por exemplo, os cuantificadores fan esa distinción:
O uso atributivo ou predicativo inflúe en que un admita ou non contraccións. Cando é atributivo é átono, mais cando é predicativo é tónico:
O uso atributivo é aquel en que unha
palabra vai acompañada doutra da que depende. O caso máis común é o adxectivo.
Un adxectivo é atributivo cando acompaña un nome:
- O vello can é un compañeiro fiel
Porén, cando vai só, sen a compaña do nome, o adxectivo é predicativo:
- O can é moi fiel
Non só acontece cos adxectivos. Outros elementos poden funcionar tamén atributiva ou predicativamente. Por exemplo, os cuantificadores fan esa distinción:
- Coñeces algún bo restaurante por aquí? (=atributivo)
- Non, non coñezo ningún (=predicativo)
Determinados elementos só admiten un uso
predicativo, como certos interrogativos (quen, cando, como), algúns
indefinidos (ninguén, nada, alguén, algo).
- Quen che dixo iso?
- Non coñezo ninguén aquí
En troques, outros só admiten un uso só
atributivo (os artigos definidos, mais non os indefinidos), algúns
cuantitativos (cada)
- Cada día es máis parvo
O normal é que os cuantitativos admitan ambos
os usos, mais no uso predicativo poden tomar unha forma invariábel dita neutra.
Obsérvense os seguintes exemplos:
- Preciso toda a información que teñas (=atributivo)
- Preciso esa información, daquela recompílaa toda (=predicativo)
- Preciso esa información, quero saber todo (=predicativo neutro)
- Eu falei cun italiano sobre cinema.
- Eu tamén falei con un.
Ningún comentario:
Publicar un comentario