O verbo correr presenta en galego unha serie de derivados que ás veces son mal empregrados por mor da influencia do español. Esta é a lista de formas correctas en galego confrontadas coas castelás
recorrer >< recurrir
percorrer >< recorrer
ocorrer >< ocurrir
incorrer >< incurrir
escorrer >< escurrir
escorrer >< escurrir
Como se ve, ao castelán recorrer é en galego percorrer, porque o galego recorrer é o castelán recurrir.
As formas castelás están construídas sobre a forma latina orixinal, mentres que as galegas están construídas sobre correr directamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario