Os verbos promonominais co clítico posposto poden presentar algúns problemas no tocante á súa conxugación nas 1PP e 2PP por teren formas diferentes en indicativo e imperativo en certos casos.
Na 1PP o -s da desinencia desaparece sempre cando se engade o clítico nos:
1PP de LAVARSE / ERGUERSE / DESPEDIRSE
- lavámonos / erguémonos / despedímonos (pres. indicativo)
- lavémonos / ergámonos / despidámonos (imperat.)
En troques, coa 2PP si hai diferenzas. En presente de indicativo, a desinencia verbal mantén o seu -s antes de vos:
2PP de LAVARSE / ERGUERSE / DESPEDIRSE
- lavádesvos / erguédesvos / despedídesvos
Mais non ten -s no imperativo, porque de feito non ten -s tamén sen clítico (vgr.: lavade > lavádevos)
2PP de LAVARSE / ERGUERSE / DESPEDIRSE
- lavádevos / erguédevos / despedídevos
O cadro resumo (só na primeira conxugación) é así:
forma non pronominal forma pronominal
1PP ind. lavamos lavámonos
1PP imp. lavemos lavémonos
2PP ind. lavades lavádesvos
2PP imp. lavade lavádevos
Ningún comentario:
Publicar un comentario