Nas máis das gramáticas actuais afírmase que o galego carece de tempos
compostos. Isto non é certo, si o que os ten. Ora ben, o que acontece é que non
ten a mesma distribución dos tempos compostos que o castelán e, en certos
casos, existe un uso perifrástico que dá lugar a confusións.
Existe unha perífrase verbal aspectual que se constrúe con ter
+ participio. Tal perífrase indica hábitos pasados (insistamos no de
pasados), como se pode apreciar nos seguintes exemplos:
- Teño falado diso con el moitas veces
- Non o tiña probado desde hai moitos tempo
Porén, no exemplos seguinte non se expresan hábitos pasados, aínda que o
tempo composto aparece en conxuntivo:
- Espero que non o teñas esquecido
O uso de ter como auxiliar dos tempos compostos é evidente
cos tempos futuro, condicional e todos os de conxuntivo, así como coas formas
non finitas do verbo:
- Se eu tivese sabido que chegariades tan tarde, non tería feito a cea tan cedo.
- Se eu tiver tido fame, tería pedido algo de comer
- Esperaba que non tiveses lido ese libro xa
Os tempos de pasado (pretérito, antepretérito e copretérito) non teñen
formas compostas. De feito, o galego conserva o antepretérito simple:
- Cando el chegou, eu xa limpara o auto
Daquela, o uso de ter como forma composta ou perifrástica
pódese mostrar así:
Perífrases
|
teño falado
|
Tempos simples
|
falei
|
tiña falado
|
falaras
|
||
Tempos compostos
|
terei falado
|
||
tería falado
|
|||
teña falado
|
|||
tivese falado
|
|||
tiver falado
|
|||
ter falado
|
|||
tendo falado
|
No contraste co español, temos:
hablé
|
falei
|
he hablado
|
|
había hablado
|
falara
|
Os tempos compostos expresan pasado. Sen o auxiliar ter, non
habería maneira de expresar o dito pasado. Eis a diferenza entre os dous
exemplos a seguir:
- Espero que veña [— pasado]
- Espero que teña vido [+ pasado]
- Esperaba que viñese
Ningún comentario:
Publicar un comentario