A contracción de de cos pronomes el, ela, eles, ela ten algúns valores especiais que analizaremos a seguir.
En primeiro lugar, trátase da mera contracción:
- Non sei nada del(a) desde hai meses.
- Deles non che quero nada.
En segundo lugar, ten valor de posesivo sempre posnominal. Imos, xa que logo, ocuparnos do segundo valor, o de posesivo, visto que ten un valor especial.
Dunha banda, non debe ser confundido con de seu.
Doutra banda, equivale a seu, súa cando este posesivo fai referencia á terceira persoa, non á persoa de cortesía (vostede). Por tanto, na maioría dos casos, son intercambiábeis:
- A súa casa = a casa súa = a casa del(a).
Como posesivo, del(a) é sempre posnominal, mais pode funcionar tanto atributiva canto predicativamente:
- Esa casa é súa /del(a)
- Esa é a casa del(a)
Ningún comentario:
Publicar un comentario