A clivaxe é un procedemento para pór en destaque unha función dunha frase simple a través dun proceso en que a frase se torna composta coa axuda dunha estrutura de relativo e o verbo copulativo ser. Desta maneira, unha frase simple como:
(1)
A
Maruxa comprou sardiñas no mercado
pode ser enfatizada
grazas á clivaxe nos seus tres elementos principais: o suxeito, o obxecto e o
adxunto (neste caso un locativo). Deste
xeito, poderíamos clivar o suxeito así:
(2) Foi/é a Maruxa que(n) comprou sardiñas no mercado
(3) A Maruxa é/foi que(n) comprou sardiñas
no mercado
(4) Quen comprou
sardiñas no mercado foi/é a Maruxa
Por
outro lado, se o que queremos é clivar o obxecto:
(5) Foron/son sardiñas o que a Maruxa comprou no mercado
(6) Sardiñas é/foi o que a Maruxa comprou no
mercado
(7) O que a
Maruxa comprou no mercado foron/son sardiñas
Finalmente,
a clivaxe do adxunto sería:
(8) Foi/é no
mercado que/onde a Maruxa comprou o peixe.
(9) No mercado foi/é onde/que a Maruxa comprou o
peixe.
(10) Onde
a Maruxa comprou o
peixe é/foi no mercado
Con todo, como se observou anteriormente, existe máis dun modo de clivar oracións, hai varios modelos, que son as que tentaremos desenvolver aquí.
Se aplicarmos ao galego as normas portuguesas de clivaxe, cando este proceso afecta ao obxecto e ao adxunto (mais nunca ao suxeito, encontraríamos aínda dúas hipóteses):
(11) A
Maruxa comprou na feira é sardiñas (feita sobre 7.)
(12) A
Maruxa comprou o peixe é no mercado (feita sobre 10.)
Nestes dous últimos exemplos, o que se fixo foi omitir os
relatores. Trátase de construcións comúns en portugués que non se escoitan no
galego falado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario