sábado, 3 de setembro de 2016

Das preposicións 'tras' e 'após'

Esta preposición ten en galego un uso exclusivamente locativo, é dicir, só se emprega para se referir a algo que está atrás de.
  • Foi vivir tras a montaña
  • Por trás daqueles montes hai un lago
Por influencia do español, téndese a usar tras con valor temporal, o cal é totalmente incorrecto. No seu lugar hase usar após, que significa despois de. Obsérvese a equivalencia entre as formas castelás e as galegas nestes exemplos:

ES
GL
Tras un mes sin venir, apareció de repente
Após un mes sen vir, apareceu de repente
Se jubiló tras cuarenta años en el trabajo
Reformouse após corenta anos no traballo
Se arrepintió tras pensárselo dos veces
Arrependeuse após pensalo dúas veces



Ningún comentario: