luns, 4 de novembro de 2019

Contraccións de clíticos

Os clíticos contraen cando a forma de acusativo se encontra coa forma de dativo, de tal xeito que o dativo vén primeiro.

Eis a lista completa de contraccións dos clíticos:


o
a
os
as
me
mo
ma
mos
mas
te




che
cho
cha
chos
chas
se




lle
llo
lla
llos
llas
nos
nolo
nola
nolos
nolas
vos
volo
vola
vol (os
volas
lles
llelo
llela
llelos
llelas

Non hai contracción con te por se tratar dun clítico de acusativo, como o. Porén, si é a forma normal en portugués, visto que non se distingue entre te e che.
  • PT: Já to disse = GL Xa cho dixen
Tampouco hai contracción con se cando o reflexivo é dativo:
  • Xoana lavouse esta mañá (acusativo, cf. español: se lavó)
  • Xoana lavou a cara esta mañá (dativo, cf. español: se lavó la cara)
Obsérvese que hai diferenza entre lle e lles á hora de contraer (en portugués hai unha única forma baseada en lhe).
  • Os caramelos deillos ao teu irmán
  • Os caramelos déillelos aos teus irmáns.

Ningún comentario: