luns, 4 de novembro de 2019

Acerca de 'responder' e 'contestar'

Outra influencia castelá sobre o galego é o uso indistinto dos verbos responder e contestar, que son tomados como sinónimos, cando na realidade non o son.

Responder é un verbo moi neutro, que significa, simplemente, fornecer información a unha pregunta formulada. De aí, o seu substantivo é resposta.
  • O concursante respondeu todas as preguntas sen hesitar
  • Pregunteille como estaba, mas non me respondeu.
Pola contra, contestar non é un verbo neutro, porque non se trata simplemente de dar resposta, implica oposición, a miúdo confrontación e até en ocasións unha má resposta, co fin de contrariar; por iso, ás veces está perto do significado de retrucar:
  • Os partidos da oposición contestaron as medidas do goberno
  • A min non me contestes, que sou teu pai


Ningún comentario: