O galego ten unha serie de conectores sintácticos que son mal utilizados. A seguir presentamos algúns deles que pola influencia do español, ora non se usan, ora son mal usado. Tomamos o portugués padrón como referencia para explicar o seu uso:
CASO
É un conector condicional procedente da redución de en caso que, que rexe conxuntivo:
- Caso che doa a barriga, chámame
MAL
Equivale a case (que) non, ou ao español apenas:
- Mal sabe falar este coitado (=case non sabe falar...)
ASÍ QUE
É un conector temporal equivalente a tan logo como, tan cedo como. Equivale ao español en cuanto, de aí que se faga un calco en canto, que non é forma galega (e claro falso amigo co portugués enquanto):
- Así que chegues, chámanos.
- Así que o relatorio estivo preparado, convocaron os conselleiros.
EMBORA
.
As normas actuais do galego non recollen este conector, mais existe en galego. Equivale a ainda que, coa particularidade de que rexe conxuntivo (subxuntivo):
As normas actuais do galego non recollen este conector, mais existe en galego. Equivale a ainda que, coa particularidade de que rexe conxuntivo (subxuntivo):
- Embora non o saibas, non quedes en silencio e infórmate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario