A cuestión dos argumentos do predicado (ou sexa do verbo lexical, o verbo principal da oración) fai referencia a cada un dos elementos que precisa o devandito predicado desde o punto de vista semántico para ter significado completo.
Os argumentos, tamén chamados valencias, son variábeis segundo a natureza semántica do predicado.
Hai predicados que precisan unha soa valencia:
- correr > alguén corre;
hainos que precisan dous:
- ler > alguén le algo;
hainos mesmo que precisan tres:
- pór > alguén pon algo nalgures;
e até hainos que non teñen ningún:
- chover > chove.
Ora ben, hai elementos que non son obrigatorios para os predicados teren significado completo, como en:
- Antonio le un libro na estación.
Neste caso, na estación non é unha valencia, é un elemento prescindíbel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario