Estes tres verbos non teñen unha correspondencia exacta cos seus tres equivalentes españois. Convén entender perfectamente cales son os seus usos exactos para podelos usar dun xeito enxebre en galego, sen contaminación do español.
De entrada, poderíamos reflectir a equivalencia destes verbos entre galego e español da seguinte maneira. As explicacións virán despois:
O gráfico permítenos comprobar que non hai unha equivalencia exacta entre os tres verbos nas dúas linguas. O importante é aprender a usalos conforme o sistema galego para non usalos en galego segundo o sistema español.
APRENDER
Este verbo coincide co español nunha acepción:
- aprender: adquirir coñecementos. Ex.: O neno aprendeu a lección.
Trátase dun verbo con dous argumentos: alguen aprende algo. Ora ben, este verbo pode ter tres argumentos, en cuxo caso temos: alguén aprende algo a alguén. E como exemplo:
- Ao meu pai apréndenlle inglés no traballo.
Eis un caso en que o verbo aprender ten un uso que non ten en español, porque en español habería que usar neste caso o verbo enseñar (porén, tamén é correcto usar ensinar) en galego neste caso:
- Ao meu pai ensínanlle inglés no traballo.
A tradución das dúas oracións anteriores en español é a mesma:
- A mi padre le enseñan inglés en en el trabajo.
Non é tan estraño este uso galego, pois tamén se coñece en francés. Véxase o exemplo anterior traducido nesta lingua:
ENSINAR
- À mon père, on lui apprend anglais au travail.
ENSINAR
Agora xa sabemos cal é o uso exacto deste verbo en galego. Porén, como en castelán é nun dos seus usos sinónimo de mostrar, tamén en galego se fai tal uso, o cal é incorrecto. Obsérvense as dúas oracións seguintes en español:
- Me mostraron un piso en la periferia
- Me enseñaron un piso en la periferia
En galego só pode haber unha tradución:
- Mostráronme un piso na periferia
MOSTRAR
Xa está todo dito sobre este verbo. En español ten un uso abondo limitado, soa se cadra demasiado culto, mais en galego é a única opción cando:
- mostrar: facer ver algo a alguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario